Dicionario galego-catuxeiro

A miñoca é xa toda unha lingua de trapo. Parola sen parar, todo o día, unha laretas; ao seu xeito, iso sí.

Para os non avezados, velaquí tedes un dicionario básico catuxeiro-galego, por se vos cruzades coa cativa:
  • Bibi - Biberón
  • Bolala - Bolacha, galleta
  • Cansito - Cadelo, canciño
  • Casheta - Chaqueta
  • Coca - Colcha
  • Cuca - Refresco, Coca-Cola
  • E pe no - De pé non
  • Fefe - Berce
  • Gasa - Grazas
  • Mana - Manta
  • Mató - Rematou, acabou
  • Oto lule - Quero escoitar outra vez o CD dos lunnis
  • Oto pica - Aquí tamén me pica
  • Pata - a) Tapa (sust.) b) Tapa (imperativo do verbo tapar) c) Dentífrico
  • Pató - Pantalón
  • Pete - Chupeta
  • Petí - Iogur en xeral, Petit Suisse
  • Potota - Pelota
  • Quello - Coello
  • Tes - Tres
  • Talla - Toalla
  • Tutilla - Tortilla
  • Unenú - De un en un
  • Von - Avión

Comentarios

Entradas populares