Aténdeo Catuxa, ¿en que podo axudalo?

Onte tiven a miña primeira conversa telefónica coa Catuxa. Chamei a casa desde a oficina para falar con Ixa, e ao sentila ao seu carón, díxenlle que ma pasara. Eu esperaba o de sempre: silencio (e, na imaxe, unha sonrisa a penas esbozada, misturada con incredulidade). Pero non, tivemos a nosa conversa.

Foi unha sensación moi estrana. Nunca pensara que algo tan cotián, tan banal como unha conversa telefónica de 40 segundos puidera chegar tan fondo. De verdade.

A cousa foi tal que así:

- (De fondo) ¡Papá!
- Ixa, pásame a Catuxa.
(...)
- Hola
- ...
- ¿Es ti Catuxa?
- No
- ¿Non es Catuxa?
- Si
- ¿Sabes quen son?
- No
- Son papá
- Si
- ¿Foches ao xardín?
- Si
- ¿E a pisci?
- Si
- ¿Como fai canciño Kevin?
- Ta-ta
- Nooon. ¿Como fai canciño Kevin?
- Ta-ta (risas)
- Nooon. ¿Como fai canciño Kevin?
- Wow-wow
- ¡¡¡¡Beeeeennn!!!!!!

Sinxelo, pero moi emocionante.

Comentarios

Isa Rey ha dicho que…
Fáisenos maior por minutos, agora o tempo corre mais ca nunca.
Anónimo ha dicho que…
Aún recuerdo el momento en que Inés me dijo algo parecido a buenas noches y se fue caminando solita a su cama... Se hacen mayores sin avisar y nos cogen desprevenidos.
Abuela de Catuxa ha dicho que…
¡ Que mamis tan cariñosas! tanto Catuxa como Inés tienen mucha suerte con la familia que les ha tocado, creo que muy pronto se darán cuenta.
Pero a estas dos mamás les digo que si por un lado las niñas crecen por el otro ya se acerca el momento de tener a un bebé en casa y eso es ¡ ÚNICO! y milagroso.
Un bico a las peques y a sus respectivos papás / ás.

Entradas populares