Fotos co móbil

[En castellano] Recoñezo que son un sibarita. Un sibarita en xeral, pero un sibarita en particular coa fotografía. Teño a miña cámara reflex dixital, tres obxectivos, un flash externo, un trípode e non sei cantos trebellos máis. Merco libros de prestixiosos fotógrafos non editados en España, a través de Amazon.com e en inglés. Cando marcho de viaxe vou cargando, a todas partes, coa bolsa chea dos trebellos. En fin, é como botarlles perlas aos porcos, porque son bastante mediocre, pero pásoo moi ben.

A cuestión é que, como consecuencia desta teima, odio, aborrezo, téñolle unha absoluta xenreira ás xentes que, en calquera circunstancia, dedícanse a sacar fotos merdeiras co seu móbil: nunha festa, nunha cea, nunha voda, nunha visita turística ou nun enterramento.

Ben, pois nestas, na empresa cambiáronme o móbil por un novo, que trae cámara. Así que o primeiro que fixen foi tirarlle unha foto a Catuxa para levala posta no teléfono. Á vista do que saiu, en diante respectarei aos que sacan fotos co móbil.

Comentarios

Entradas populares