Nun bambán de Porto do Son

A Catuxa ven de regresar dunha viaxe de tres días ao Barbanza. Pouca cousa, pero serve para rachar coa monotonía.

Moito falaremos das trouladas da cativa na excursión, pero como adianto velaquí tedes este vídeo. Ollade, especialmente, para o xeito tolo de patuxar coa emoción.

Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
O uso do bambán data dalgun tempo atrás no parque de Sada. Xa vimos os avós que tíñamos que mercar uno para O Peredo ; cando tratas de baixarla non hai forma ,góstalle moitísimo e é motivo para facerse con amiguiños , o pasa moi ben.
O que ten no Peredo non o disfruta de momento xa que pola friaxe propia da estación está gardado nun alpendre pero ao chegar a primaveira ...

Entradas populares