A fin de semana máis longa

[En castellano] Esta fin de semana marchamos, invitados polos avós, á illa da Toxa. Un luxo, con talasoterapia, boas papadas e tempo primaveral. Masaxes, zamburiñas, sol, preciosos pobos mariñeiros, piscina, lubinas e calor. Perfecto.
Pois non, non foi perfecto. É incrible que se poida botar tanto de menos a unha miñoca que só sabe dicir "Ga" (aínda que semella que esta fin de semana aprendeu a dicir "Epi", para chamar ao boneco que ten no Peredo). A súa nai tivo os dous días, sábado e domingo, un sorriso máis melancólico que alegre. Morriña, e moita. Pasábao ben, moi ben, pero víase que algo faltaba. E a morriña é contaxiosa, moi contaxiosa, dígovolo eu.
Pero claro, quen non vai botar de menos un almorzo con este persoeiro da bata e a bolacha? Ou coa sorrinte aprendiz de caddie? [Fotos do avó, de hoxe mesmo]
Moitos bicos, mami. E moitos bicos, Catuxa.

Comentarios

Entradas populares