Cúper

[En castellano] Cúper do Cruceiro, ese é o seu nome completo. Orixinario de Muxía, na Costa da Morte. Vai para cinco anos que habita O Peredo.

Cúper ten unha planta impresionante, maxestosa. É un can que chama a atención. Se o león é o rei da selva, Cúper é o rei do Peredo.



Cúper ten moitas e diversas afeccións. Como bo pastor alemán, a favorita é perseguir e aboucar paus. En realidade, persegue e morde todo aquel obxecto inanimado que poida meter na boca: os troncos da leña do avó, calquera pelota que atope, ou incluso cítricos: el mesmo sérvese cos limóns ou laranxas do limoeiro e da laranxeira.

No verán, Cúper emula a Mark Spitz. Ou, alomenos, téntao. Encántalle nadar na piscina, sobre todo se hai alguén de nós na auga. Cúper nada de marabilla, é un can-rá. Pero o avó non debece polos cans-rá. A relación amor-odio entre o avó e Cúper acada o seu cumio coa piscina: seica os pelos do can na depuradora teñen a culpa.

Cúper é tan grande e bonito como papón. Os seus chimpos e ladridos fan que Catuxa ría. Por iso a Catuxa góstalle moito Cúper, aínda que, ao tempo, tenlle respecto, porque é moito máis grande ca ela e bastante brutiño.

En calquera caso, velaí a tedes: con catro mesiños, marcando o territorio: "¡Neno, nin ouses moverte, ou esnaquízote a orella!"


Comentarios

Entradas populares