Falo galego porque son galega

[En castellano] Onte á mañá baixabamos eu e maila nai de Catuxa no ascensor cara ao garaxe, e atopamos nel a Paula coa súa nai. Paula é a nosa veciña chinesa de catro anos - como ela se encarga de lembrar cada vez que te ve -; preciosa, preciosísima cativa.

Paula ía bebendo un brick deses de zumo Pascual ou parecido. "Que bebes, Paula? Parece moi rico?" "É un zumo de pexego" contestou a nena en galego. "Pero falas galego, Paula?" dixemos nós con sorpresa, moita menos que a súa por ouvir dita impertinente pregunta. "Claro, falo galego porque son galega".

Fermosa lección para moitos.

Comentarios

Entradas populares