E xa van CATRO!!!!!!

Hoxe Paulo cumpriu catro anos e, como non podía ser doutro xeito, celebramos unha gran festa no Valiño. Xa ninguén lembra aqueles primeiros cumpres nos que o cativo non quería participar de boa gana. Este ano pasou toda a semana lembrandonos que o seu cumpre era o sábado e que tiña que soprar catro candeas.

E aquí o tedes soprando, abrindo agasallos, xogando con eles, etc., unha tarde ben entretida con todolos curmáns, tíos, avós e bisavoa.

Cando marchou todo o mundo, un pouco de leite con galletas e a durmir que tanta vida social esgota a calquera.

Bicos grandullón!!!!!

Comentarios

Entradas populares