Resumen do verán. Parte III

A primeira saida de Agosto foi con destino a Asturias, concretamente a Llanes. Pasamos uns días nun hotel rural moi familiar que se chama Quintana del Cuera con amplo xardín, piscinas e estupendas vistas da montaña dende o cuarto.

Pero o que realmente disfrutaron os nenos foi a praia; algo que normalmente, cando estamos no Valiño, non facemos por preguiza. As xornadas transcurrían entre paseos polos bosques e pequenos pobos costeiros e tardes de castelos de area e baños de mar xogando coas ondas.

Como a cea no hotel era a eso das 21.30h, sempre tiñamos una anaco para, tras unha boa ducha, baixar ata Celorio a dar un paseo e tomar un refresco cunhas patacas fritas nunha terraciña.

Nin que decir ten que despois da cea o único destino posible era a cama.

Comentarios

Entradas populares