A festa do segundo aniversario

Hoxe celebramos a festa do aniversario de Paulico. Tivemos un día de sol, vintetantos graos - mágoa das obras na piscina - e nin unha pinga de vento. Non faltou ninguén: máis de vinte persoas, nenos e maiores, xogando, falando e comendo, incluídas as irmás venezolanas de tía Carol.

Xa chegaran todos os invitados e Paulocho aínda durmía a sesta. Cando o erguemos e viu todo aquel balbordo, botouse a chorar perante un bo anaco. Pero as artes do avó Manolo acougaron ao rapaz, que disfrutou ben tranquilo do resto da festa. Velaquí un par de fotos.


E, como curiosidade, esta foto de Paulo no seu segundo aniversario a carón dunha de Catuxa no primeiro. Curioso, ¿non?



Comentarios

Abuela de Catuxa ha dicho que…
¡ Que lindos mis niños ! ¡ Que rápido crecen ! ya se escapan....

Entradas populares