Resumen do verán. Parte IV

E tres días despois de chegar de Asturias, collemos o avión con destino a Gran Canaria, repetindo a viaxe que fixemos con Catu hai 3 anos.

O traxecto no avion foi bastante bo, os pequenos portáronse moi ben e Paulo non pasou medo nin no despegue nin na aterraxe. Chegamos ao hotel a media tarde con tempo dabondo para dar o primeiro baño nunha das múltiples piscinas de que dispón, despois ducha, cea no bufet e a durmir.

A nosa rutina diaria consistía básicamente en almorzo, piscina, paseo a veira da praia e xantar, tentativa frustrada de sesta, piscina, ducha, paseo e refresco previo á cea, cea, tentativa frustrada de paseo e a durmir. Non había maneira de que durmisen a sesta e por tanto despois da cea estaban desfeitos, así que para a cama as 22.00 como moi tarde.

Os nenos non desaproveitaron a ocasión de fotografiarse coas estrelas do momento: o "auténtico" Bob Esponja

e Panchi, a mascota do hotel que todolos días saudaba aos cativos na hora do almorzo e compartía con eles un rato de ocio vespertino na "Mini-Disco".

O único día que cambiamos de plan foi para achegarnos ao Palmito´s Park, onde Catu e Paulo alucinaron co espectáculo dos loros e sobre todo co dos golfiños.

En definitiva, pasámolo en grande que era do que se trataba e, vista a experiencia, seguro que repetiremos.

Comentarios