Resumen do verán. Parte II

Durante os meses de Xullo e Agosto, foron varias as visitas dos curmás Alex e Marco e os tíos Juan e Merchy a o Valiño. A tarde pasa xogando a chimpar na pisci de tódalas maneiras posibles para despois merendar e rematar cun paseo dos catro nenos e o tio ata a parrillada para mercar un xeado.

Na foto que acompaña Catuxa luce un turbante para enxugar o pelo que lle trouxo Merchy, (teño que indicar aquí que é raro o día que Merchy non saca do bolso algo para sorprender a Catu: chichos de princesa, diademas rosas de abelorios, cintos de brillantina con fibela en forma de corazón....etc, e claro, co pouco que lle gustan á nena esas cousas!!!!!).

Así que o feito de que curmans e tios veñan de visita é motivo de gran festa para os pequenos.

Comentarios

Entradas populares