E por fin chegou o meu día

Onte domingo celebramos no Valiño o día da Nai e Catuxa fíxome entrega dos marabillosos agasallos propios da data: unha acuarela e un "baro" (e dicir, barro), feitos coas súas manciñas, igual que os de papi de días atrás. E menos mal que o pai llo lembrou, por que a pobre xa se esquecera deles (levaban dende xoves agachados no armario do despacho).


O debuxo da flor é ben bonito, de cores rechamantes, e o "baro" sorprendeume gratamente polo laborioso da forma e por que ven cheo de pétalos.

Fermosos agasallos pero mais fermosa é a pequena Catuxa.

Un bico ben grande.

Comentarios

Entradas populares