Un pequeno incidente

Esta tarde, xogando, Catuxa caeu de fuciños no chan e esqueceu poñer as mans. Resultado: sangue, choros, nariz e beizos inchados; gran susto. Aínda que ao pouco a nena semellaba non ter nada, levouna a nai ao hospital para sairmos de dúbidas. E, efectivamente, todo quedou nun traumatismo sen máis. Velaquí a faciana da nena, xa ben mellorada despois do baño.

Comentarios

Entradas populares