Os curmáns


Xa temos falado noutras ocasións do ben que se levan Catuxa e os seus curmáns Alex e Marco. Á nena gústalle moito mandar e eles, que son bastante neneiros, deixanse. Así que esta pasada fin de semana, como había moito tempo que non pasabamos o día xuntos, achegámonos ata Guiliade cos tios Juan e Merchy e unha chea de amigos mais, a comer cabrito ó espeto. Catu degustou un pratiño xeitoso e, de sobremesa, os tres tomaron uns xeados.
O tempo non acompañou demasiado, pero iso non impediu que os pequenos disfrutaran da xornada coa impagable axuda da tía Merchy, que ten moita experiencia niso de entreter a unha banda de cativos nun domingo de auga.

Comentarios

Entradas populares