Pánico no tiovivo


Hai uns días achegámonos a Betanzos a dar unha volta e mercarlle unhas botas a Catuxiña e unhas zapatillas de casa a Pauliño.

Aparcamos o coche no parking da praza García Hermanos e cando saimos á superficie resultou que, entre outros, había un tiovivo instalado. Chamaba a atención coas suas luces, sereas e música e a pequena Catuxa miraba con ledicia ós nenos que disfrutaban da atracción nese intre. Entón preguntámoslle si quería montar, e ela respondeu que si. Mercámoslle unha ficha e cando o aparello se detivo o seu pai instalouna ós mandos da locomotora, tal e como ela lle indicou.

A estampa era ben feliz ata o momento no que o cacharro emprendeu a marcha, nos saudábamos dende o andén e ela comezou a chorar a moco tendido. Ata o vendedor de fichas saiu da cabina para tentar tranquilizala, e por mais que nos vía no mesmo lugar volta tras volta o trauma non foi a menos ate que, por fin, a serea indicou o remate da tortura.

Dende logo, non se pode ser tan sensible.

Comentarios

Entradas populares