Paseo e merenda

Onte foi unha desas tardes de venres nas que decidimos sair ó parque a pesar da choiva. Dirixímonos á Coruña, concretamente á Praza de María Pita, tiñamos intención de estrear os xogos que o Concello instalou na Mariña, pero como chovía bastante optamos por dar un pequeno paseo, mercar unhas botellas de viño galego e achegarnos a Bonilla a disfrutar dun bo chocolate con churros.

Pero seica bastante xente tivo a mesma idea, e tanto os Bonillas como o Veracruz en Riego de Agua estaban ateigados, así que regresamos ó punto de partida e na mesma Praza do Concello atopamos un lugar estupendo na terraza da chocolatería Valor.

Unha vez instalados, pedimos tres chocolates e catro churros, porque neste local os churros son grandes, tipo porra. En canto nos serviron, Catuxa dixo que ela quería dous, así que papi e mami optamos por pedir outra rolda, por que con un por cabeza non había nin para empezar.

Está claro que todo estaba moi bo, ainda que Catu non puido rematar o segundo churro, pero do chocolate non deixou nin o cheiro. Ademais contou coa inestimable axuda de Paulico que reclamaba a súa parte do festín.




Que gusto dá velos disfrutar tanto con tan pouco.

Comentarios

Entradas populares