Terremoto Paulo

O pequeno Paulo comeza a amosar as súas inquedanzas investigadoras. Nestes últimos días están a ocurrir pequenos accidentes provocados pola necesidade do rapaz de meter os deducos en todo canto sitio hai.

Na cociña dedícase a darlle voltas ás latas que teñen o cacao e os cereais do seu bibi, abrir e pechar alacenas, sacar as caixas de galletas ou a bolsa das magdalenas para fora, abrir e pechar todolos caixóns e de cando en vez pillar os dedos...

No cuarto de baño a cousa vai pola limpeza, o problema é que lle gusta limpar co que ten mais á man, é dicir, coa escobiña do vater; tamén lle gusta trasladar de lugar os botes de crema, xel, peites ou o que atopa no armario, aparecendo días despois dentro dun zapato, por exemplo. Unha das veces decidiu tirar polo vater un desodorante de papi xusto no intre no que Catu facia ás súas necesidades.

Un anxiño o Paulo.

Comentarios

Entradas populares