A primeira tarde primaveral

Domingo foi o primeiro día de verdadeira primavera este ano. E foi un día ben completo.

Pola mañá, fomos a coñecer ao curmanciño Diego. Xa de volta no Valiño, viñeron xantar connosco os avós Susa e Manolo. Aproveitamos para plantar dúas maceiras no xardín; xa temos cinco árbores: ademais das maceiras, unha laranxeira, un lemoeiro e un pequeno acibro. Catuxa coñece o nome de tódalas froiteiras e fala delas na escola.

Despois de sestas e merendas, aproveitamos para disfrutar do sol no xardín. [retomo a escritura tras vintecatro horas toledanas: Catuxa - e nós - pasou unha noite fatal, entre vómitos e febre; acabou coa nai en Urxencias esta tarde: nova bacteria habemus e outros dez días con antibiótico. Agora durme, derrengada] Collimos o tobogán, o andador de Paulo, a sombrilla, un par de sillas e alí pasamos unha hora xogando os catro. E sacando fotos, claro: estes son dous exemplos.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
A tarde foi primaveral como o pucho que ten Paulo, pobre rapaz, xa veremos o que dirá cando teña uso de razón.

Entradas populares