¡Moitas noites, Paulo!

Arredor das nove da noite, seica un pouco antes: menos cuarto. Catuxa leva a bata posta e tamén as zapatillas de Lupita. Xa tomou a sopa e o cacau con galletas; acaba de lavar os dentes e de buscar a lúa pola xanela.

Paulo está no berce, esperando polo baño. Segundo o día, durmindo ou xogando co ximnasio. Éche igual. Catuxa entra no seu cuarto medio ás escuras, súbese ao berce e despídese do seu irmán: "¡Moitas noites, Paulo!"

Comentarios

Entradas populares