¡Neve!

A de onte foi unha noite de nevaradas en case toda Galicia, especialmente no Norte. Pero para os que apuramos as vacacións, isto non é senón unha estupenda nova. Hoxe amenceu co ceo limpo e aproveitamos para achegarnos até Montesalgueiro, que estaba ateigado de neve.


Paulo era a primeira vez que a vía. Pero Catu xa a coñecera hai tres anos, en Entrimo, nunha excursión que fixeramos con Fernando e Carmen. Comparade a pinta que tiña en decembro de 2006 coa moza que é en xaneiro de 2010.


Volvendo a hoxe, quédanvos aquí algunhas das fotos que fixemos hoxe. Se vos fixades, Paulo herdou as botas da súa irmá.






Comentarios

Entradas populares