... e casou coa gatiña Kitty e marcharon a vivir a un castelo.

Así remata a historia coa que lle explicamos a Catu que, despois de toda unha vida ao seu carón, parece que Carpín iniciou unha viaxe sin retorno. Xa vai mais de un mes que non o vemos, así que, pasados tantos días, dámolo definitivamente por perdido.

Teño que confesar que o boto bastante de menos: as chamadas na porta da cociña pola mañá, os xogos no xardín, a súa compaña aos pes da cama polas noites, pero, sobre todo, o ben que se portaba cos nenos: nunca un mal xesto, ainda que eles as veces non medisen a forza dos seus aloumiños.

En fin, sirva como pequena homenaxe esta secuencia de fotos da súa vida con nós:

-Agosto´03, chegou á casa con dous mesiños, (era todo orellas):

- As dúas cousas que mais lle gustaban: mirar para nós subido na estantería e durmir sobre, ou mellor, no medio do edredon:


- Novembro´05: vixiando o berce de Catu recen nacida:




-E coa pequena Catu:




Grazas por todas estas lembranzas. Ata sempre!!!!!!.

Comentarios

Unknown ha dicho que…
¡Qué fotos tan tiernas!.¡Qué pena que el gatito haya desaparecido!

Entradas populares