¡Xa non teño máis!

Na Noitevella, Catu quedou á troula cos seus curmáns até que chegou o momento das badaladas (a Paulo, a iso das dez, xa non lle deu o corpo para máis). Cinco minutos antes, todos afanábamonos en contar as uvas e poñelas nos nosos pratos. A nena, curiosa, preguntou que facíamos e, ao explicármolo, dixo que ela tamén quería as súas. Polo tanto, démoslle o seu prato e puxemos nel media ducia de uvas das máis cativas que atopamos.

Chegou o momento da verdade. 2010 estaba xa se albiscaba. Arrincaron as badaladas e eu estaba ben concentrado para ver se, desta vez, podía tomar a ducia enteira, cando de súpeto sinto un berro: "¡xa non teño máis!". A Catuxa tiña rematado tódalas uvas e quería seguir tomando, como os maiores. Non me quedou outra que darlle un par das miñas e escachar da risa vendo como as devoraba, mirando en fite para a tele, para o reloxio da Porta do Sol.

¡Benvida ás tradicións, filla!

Comentarios

Entradas populares