Son pequecha, pero non parva

A pasada fin de semana fomos os tres xantar a un bodegón en Sada que ten boa e merecida fama polas súas centolas a bo prezo.

Alá que nos pedimos unha boa peza de máis dun quilo. E, por riba, media ración de xamón asado con patacas fritidas para a Catuxa.

Tivemos a brilante idea de darlle a probar a centola segundo chegou á mesa. ¡Amigo! A partir dese intre, a miñoca dixo: "¡o xamón para vós! ¡eu só tomo centola!". E así foi. Cativa si, pero parva...

Comentarios

Entradas populares