A bisavoa

Marchou a Mallorca para pasar uns días e xa vai para 6 meses aló. Está claro que Pepecho e Conchi a tratan de marabilla e o inverno galego non axuda demasiado á súa volta. A última vez que se viron bisneta e bisavoa a pequena estaba comezando a correr con apenas un aniño e agora xa é un terremoto en toda regra.


Así que avoíña, volta pronto que te botamos moito de menos, e trae a Pepecho e Conchi contigo.


Un bico gordo.

Comentarios

Entradas populares