Paseando por Dexo

Aproveitando o magnífico tempo que nos acompaña ultimamente, collimos a Catuxa e fomos pasear pola Costa de Dexo. Para a cativa foi unha experiencia intensa, con novidades interesantes.

Por unha banda, Catuxa descubriu as bolboretas. Cada vez que unha revoaba perto da súa cabeciña, berraba "alí" (ou algo semellante) e obrigaba a papi a collela en brazos para perseguir á bolboreta até que desaparecía da vista.


Foi tamén o día en que Catuxa amosou que ten tanto saque como calquera adulto. Deu boa conta da súa parte nas racións de callos, milanesa, xoubiñas e ensalada. E, por suposto, o iogur de postre.

E foi o día en que a miñoca se reencontrou coa praia. De feito, aínda mollou os seus peíños nas frías augas de Canabal.



Claro, con tanto trafego no día e sen sesta, caiu rendida na cama despois do baño: case nin podía manter os olliños abertos mentres saía Epi.

Comentarios

Entradas populares