Cueiros fóra!!!

Hai uns días que tentamos que Catu se vaia afacendo a sentarse no ouriñal a facer os seus traballiños intestinais. Non lle disgusta demasiado, como podedes ver, eso sí, sempre que teña a man a sua revistiña da Iberia Plus de hai uns meses, e que, polo que se ve, ten reportaxes ben interesantes para a cativa.

Pasados uns minutos sentada no aparello, Catuxa levántase e comproba se xa apareceu algo interesante no fondo, e se, como ocurre case sempre, non hai nada, volve a sentar outro anaco agardando o milagre.

Polo de agora, a nena non ten moi clara a finalidade de pasar uns minutos ó día sentada na cousa vermella con burato, pero confiamos en que pouco a pouco se vaia dando conta. Ademais só por ser tan paciente merece un gran bico de noraboa.

PD. Completando aquel post de hai uns días sobre "Como é Catuxa", pois resulta que neste tema TAMÉN é cuspidiña ao seu pai, que podía botar horas no seu ouriñal xogando cuns cocheciños nun garaxe de xoguete.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Entonces los dos se parecen a su abuelo paterno, por que cuando tenía su misma edad y su padre y yo queríamos ir al cine, lo dejábamos en casa de mi madre la abuela Eulogita y siempre se quedaba sentado en su orinal, y curiosamente cuando después de ver la película regresábamos a buscarlo..., seguía sentado en el mismo sitio.
Bueno: "el que a lo suyos se parece, Honra merece. (refranero popular Berciano de la Bisagüela)

Entradas populares