Visita sorpresa II

A diferencia da "visita sorpresa" anterior, esta vez fomos nos os que sorprendemos a case todos aparecendo na Coruña por sorpresa o luns de entroido. Custou moito traballo manter o segredo durante un par de meses, sobre todo a Paulo que estoupaba coas ganas de contarlles a todos que pronto iríamos a Galicia. Como papi tiña que traballar aproveitamos os últimos días de vacacións do verán para viaxar os tres.


Saimos de Santiago con 35 grados e 13 horas despois chegamos a Madrid con so 2. Como aterramos ás 6.30 da mañán e o avión de Coruña non saía ata ben pasada a hora de xantar, aproveitamos esas horiñas para achegarnos no metro á casa de Mari e Dioni.

A media tarde chegamos a Coruña onde nos agardaban no aeroporto os únicos que sabían da nosa viaxe: Manu e Pili e Juan e Merchy. Que ledicia estar de volta na casa!. Dende alí marchamos á Los Rosales para a primeira sorpresa: Manolo e Susa non o podían creer, e despois chegaron Carol e Tita con Judith e David, que ademais celebraba o seu terceiro aniversario.


O día seguinte, martes de entroido, chegou o turno de sorprender a la Bis e a Diego, Jorge e Carol. Afortunadamente, cando entramos no Peredo, a Bis estaba sentada por que quedou tan branca que se chega a estar de pé cae de cú. Diego púxose tan nervioso que non sabía onde agacharse e Jorge e Carol quedaron abraiados coa nosa aparición.




Os seguintes días transcurriron entre xantares, cafés, ceas, tíos, curmáns, amigos..... Catu durmiu unha noite con Liber e pasamos polo cole Obradoiro onde todos nos recibiron cos brazos abertos.




En fin, dez días ben completos de emocions, reencontros, lembranzas que repetiremos en algo máis de un mes, pero esta vez a familia completa. 

Vémonos en Xullo.....

Comentarios

Entradas populares