Visita sorpresa!



Aló por novembro do ano pasado, concretamente o día 8, a xornada comezaba cun tirón de orellas para Catuxa polo seu 7º aniversario. Pero o que non sabían os pequenos era que ese mesmo día chegaban por sorpresa Manu e Pili de visita a Chile. Para os cativos a chegada estaba prevista no día 9.

Os avós aterraron pola mañán en Santiago e aproveitamos a xornada para xantar e dar un pequeno percorrido pola cidade antes de ir a buscar aos nenos ao cole.



Como era xoves e tiñan actividades extra o primeiro en sair foi Paulo, que estaba na piscina,


Aquí están os tres diante da porta de Pre-Kinder F, a clase de Paulo,


Uns intres mais tarde pasamos a por Catuxa que estaba na súa clase de manualidades, a sorpresa e a ledicia foron enormes,


 Unha vez superada a emoción inicial posan os catro para a foto:


Comentarios

Entradas populares