Visitando Valparaiso cos avós

Chegaron Manu e Pili a Chile e, como non podía ser doutro xeito, fixemos unha excursión á fermosa Valparaiso para que eles a coñeceran.
Comezamos subindo no Ascensor Artillería para admirar as vistas da cidade e o porto dende o Paseo 21 de Maio.




Dende alí, baixamos para volver a subir, esta vez a pé, ao Cerro Alegre. Admiramos o Paseo Yugoslavo co seu Palacio recén restaurado, o Paseo Gervasoni coas súas coloridas fachadas e, por último, o Paseo Atkinson, onde paramos a tomar uns refrescos na fermosa terraza do Brighton.





Unha xornada para repetir!

Comentarios

Entradas populares