A cabalo!



Repasando fotos do pasado verán atopei estas de Catu e Paulo montados no lombo de Princesa e Yango respectivamente. Era a súa primeira experiencia equina pero, polas súas facianas, parece que non lles disgustou en absoluto. Como os xinetes eran novatos no tema, os cabalos paseaban da man dos coidadores.



Os pequenos cabalos están a disposición dos usuarios no Parque Intercomunal de La Reina, unha zona verde enorme no medio da gran cidade, dotada de moitos servicios para o lecer dos visitantes: quinchos, piscinas, hinchables, cabalos, tirolinas...... 



Un xeito diferente de pasar unha tarde de verán.


Comentarios

Entradas populares