Perfeccionando a técnica pizzera.

Dado o éxito acadado no primeiro obradoiro de cociña infantil ao que asistimos o ano pasado, repetimos a experiencia, pero esta vez acompañados de dous chefs de excepción: Diego e Sara.




Cambalache citounos no Marineda City e alí, coa axuda impagable dos cociñeiros do local, repasamos punto por punto como se fai unha boa pizza. Os cativos, moi aplicados, atenderon todas as explicacións, estiaron a masa, botaron o tomate e os demáis ingredientes segundo a eleción de cada participante.




O resultado, exquisito!. De feito, entre todos, demos boa conta das catro pizzas en menos que canta un galo e os nenos sairon encantados con mandil, pucho, pinturas e diploma acreditativo, todo de balde.





Para rematar, Cambalache tivo o detalle de enviar un e-mail personalizado coas fotos oficiais do evento, (moitas grazas e noraboa pola iniciativa e polo traballo ben feito).





Comentarios

Entradas populares