Excursión por Ortegal

Despois de máis de mes e medio lonxe da casa, preparando as cousas en Chile, por fin puiden volver pola terra e pasar dúas fins de semanas consecutivas en Galicia coa familia. O que aproveitamos, como non, para facer unha pequena excursión. Escollemos as terras de Ortegal, das máis bonitas ao tempo que descoñecidas de toda Galicia.

Paseamos pola praia de Morouzos en Ortigueira, xantamos no Barqueiro, xogamos nas covas da praia de Arealonga, estivemos en Bares, sentámonos no mellor banco do mundo, subimos a miradores e baixamos a praias. Gozamos, en fin, de paisaxes indescriptibles.

Velaquí quedan as fotos.


Comentarios

Entradas populares