E Liber durmiu no Valiño

Días despois de que Catu pasase a noite na casa de Liber, tocou convidar a Liber a durmir no Valiño. Chegou despois de xantar con mala cara, pasara a noite vomitando e non estaba para moitas lerias, pero así que se xuntou con Catu os seus problemas dixestivos desapareceron como por arte de maxia e, de alí a un anaco, xa era a Liber de sempre: faladora, divertida e hiperactiva.

Como os adultos liamonos a falar catando unha cervexa, o baño e a cea foron un chisco tarde e, como se portaron moi ben, fixemos unha excepción e cearon os tres no salón vendo un capítulo de Icarly.

Despois da cea, lavaron os dentes e a durmir. Como comprobaredes, tanto é o amor que sinten Catu e Liber que, ainda que apretadas, quixeron durmir na mesma cama, e creo que lles prestou moito o sono por que Paulo e mami tivemos que despertalas a eso das 11 da mañán.


Comentarios

Entradas populares