María e Suso, grandes amigos

María e Suso son dous grandes amigos dos avós Pili e Manu e o sábado pasado aproveitaron a tarde para pasar polo Peredo a ver aos pequenos Morán. Como non podía ser doutro xeito traían un agasallo para cada cativo: uns libros marabillosos que repasaron moi atentos de principio a fin sentados con María no sofá.

Suso apostou polo deporte de adicoulle un bo anaco a xogar ao futbol con Diego e Paulo que o deixaron sen folgos nun abrir e pechar de ollos. 

Moitas grazas polo voso cariño, unha aperta forte para os dous.



Comentarios

Entradas populares