Nervos

Feito 1: Hoxe, para variar, cheguei tarde do traballo e os nenos xa estaban na cama. Afortunadamente, aínda non durmían e puiden falar un pouco con eles.

Feito 2: Mañán é o día da foto no cole para a orla. Paulo estrearase neste eido, pero Catuxa xa é unha veterana que vai polo terceiro ano.

Feito 3: Neste contexto, cando cheguei ao cuarto de Catu e a vin desperta, díxenlle: "¿como é que aínda non durmes?" Ela contestou: "É que estou nervosa, que mañán é a foto".

Conclusión: Cousas de mulleres...

Comentarios

Entradas populares