E xa van CINCO!!!!!!

Un ano máis, e xa van cinco, cada 8 de Novembro a pequena Catu cumpre anos, e o xuvenil avó Manu tamén. O teléfono non deixou de soar en toda a tarde, chamaron a Bis, Tita, os tíos Mari e Dioni dende Madrid...., e Paulo durante o almorzo dedicoulle un sentido "que los plumplas felis, que los plumplas felis", co seu habitual ritmo.
Pero este ano e diferente por que, por primeira vez, imos celebrar o cumpre cunha gran festa nun parque infantil para todos os amiguiños do cole, e por casualidade, a data e o lugar escollidos para a celebración coinciden cos dunha compañeira de clase que se chama Paloma. Así Catu explicoulle a tía Mari que como a festa este ano é para tres ten que haber tres tartas: unha para Catu, outra para Paloma e outra para Manu, (quen verá ao avó tirarse na piscina de bolas!!!!!!!, terei que levar a cámara de vídeo para gravalo de novo en acción).
En fin, que a cousa promete, pero como para a festa ainda faltan uns días aquí vos deixo unha foto da homenaxeada probando o abrigo que lle trouxeron os avós.
BICOS E PARABENS GUAPA!!!!!!!!!!

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Felicidadesssssss de nuevo mi niña!!!!Tan guapa y preciosa como siempre, te quiere mucho Tita!!!!ahhhh, a Paulo también, un besos a lso dosssssss!!!!

Entradas populares