E outra festa de cumpre..........!!!!

Esta vez a protagonista da festa era Marta, unha amiguiña do cole de Catu, (xa se sabe, así que empezas a celebrar o cumpre tamén estás na obriga de acudir ás festas do resto dos compis). A idea inicial era deixar a Catuxa na festa e facer tempo con Paulo na casa dos avós Manolo e Susa, pero velaí que cando o pequeno viu o parque de bolas os plans cambiaron, por que Paulo non quería perder a festa nin por nada e negábase a sair da sala de xogos. Entón, a nai de Marta, moi amablemente, convidouno a quedar, e xa vedes que se integrou de maravilla co outro convidado sorpresa "Bob Esponja". En fin.


(de izqda. a dcha.: Daniela, Libertad, Marta, Lucía, Catuxa y sentada Adriana)

Comentarios

Entradas populares