A festa de aniversario

Despois de ter asistido a algunha festa das amiguiñas da clase, desta vez non quedou máis remedio: ao habitual encontro familiar, viuse engadir a festa de aniversario cos compañeiros da clase nun parque infantil. Estas semanas, de feito, descobrimos unha nova cualidade de Catuxa: é teimuda como o demo. Até que non obtivo o noso compromiso de facer a festa no Korkora Park, non parou de insistir.

De feito, a festa coincidiu coa da súa compañeira de clase Paloma. Polo tanto, ambalasdúas celebraron xuntas e máis de vinte compañeiros, xunto con Paulo, Dieguito e algún que outro amiguiño pasaron tres horas de xogo e merenda. Ás fotos me remito: non fai falla dicir que a rapaza pasouno de marabilla.

Comentarios

Entradas populares