Esquecemento imperdoable

Hoxe pola mañanciña a Catuxa custoulle bastante erguerse para ir ao cole despois dunha semana de convalecencia na casa, así que papi, para animala, lembroulle que tiña que saudalo pola xanela cando el pasase co coche camiño do traballo.

A rapaza animouse (a verdade é que se anima con calquera cousa), e papi saiu do garaxe co coche, pasou por diante da xanela i esqueceu respostar ó saudo de Catuxiña dende o seu cuarto.

Meu deus que trauma!!!!!, baixou á cociña onde eu almorzaba coas bagoas escorregando polas faceiras e dicindo "papi esqueceu dicir chau-chau".

Pobre rapaza. Para tentar paliar a desfeita, mami chamouno por teléfono e a propia nena o reprendeu: "esqueceches dicir chau-chau, iso non se fai, vale".

Despois disto o que quedou traumatizado para o resto da xornada foi o pai.

Comentarios

Entradas populares