As nenas son dos pais.

Bueno, maticemos, no noso caso o pai é o escravo da nena. A cousa é que Catuxa lle ten collida a agulla de marear a seu pai e sin demasiado esforzo fai del un pandeiro.

Sen ir mais lonxe, esta última semán, Catu estivo bastante enfermiña, pasando malas noites e fancéndonolas pasar a nos, así que, para evitar levantarnos vinte veces na noite para ir ver como estaba, decidimos metela na cama connosco.

Unha vez pasados os malos momentos, tentamos voltar á normalidade deitando a Catuxa no seu cuarto, ainda que ela insistía entre bágoas en durmir na "cama chula de papi e mami". Así que, despois dun par de crises, a iso das tres da madrugada, a cativa conseguiu o seu propósito: que o pai a rescatara para traela á nosa cama.

A noite seguinte comezou como a anterior, no primeiro despertar, a iso da unha da mañán, levanteime eu a limparlle os mocos e volta para a cama en apenas quince segundos. A segunda vez, as tres, levantouse o pai, e xa temos "show": a nena chorando por que quería ir a "cama chula", tiña moitas pupas, etc.. un drama, e papi notando xa como lle reblandecían os xeonllos. Así que non me quedou mais remedio que erguerme, mandalo para a cama, limparlle os mocos á pequena, decirlle "boas noites" e marchar. E alí quedou: medio durmida pero sin rechistar.

Unha actriz dramática con moito futuro, mentres mami pasa a chamarse "a roca" por que, segúndo papi, ten o corazón como unha pedra. O que hai que oir!!!!.

Comentarios

Entradas populares