Xogando nunha tarde de choiva

Toda a semana santa pasámola cun tempo bastante malo. Hoxe domingo, último día de vacacións, ía moito vento e caían chuvascadas a cada intre. Non nos quedou outra que ficar na casa xogando. Afortunadamente, houbo visita dos curmán xemelgos Alex e Marco, e a cousa foi máis divertida.

De tódolos xeitos, antes de chegaren, Catuxa e Paulo deron probas de que xa son capaces de pasalo ben xuntos. Mirade para o vídeo, mirade. É gracioso como Catuxa pode ser ben bruta e, inmediatamente, ben agarimosa con Pauliño.

Comentarios

Entradas populares