Días de casa en familia

Estas vacacións de semana santa decidimos ficar na casa. Mobilizar toda a tropa non é cousa doada e non son moitas as ocasións nas que podemos estar os catro xuntos sen preocupármonos do reloxio. Como, ademais, o tempo non está acompañando, os días transcorren de vagar, mainos, sen case saír do Valiño.

Así que dedicámonos a facer as cousas que case nunca facemos de xeito cotiá: pasar un rato os catro na cama antes de almorzar; xogar no xardín, co tobogán e a bici; darmos de merendar aos dous rapaces ao tempo, os catro na cociña.

Estes intres son simples, pero agradecidísimos. Agora, a Catuxa encántalle ver como bañamos a Paulo; faille moita graza ver como patuxa e axita os brazos. Paulo parece que se da conta, e cando ve que Catuxa o mira, remexe na auga con aínda máis forza. Gargalladas de Catuxa son sempre a resposta. E os cinco mellores minutos do día son os que paso eu.

Hoxe tivemos uns minutiños con raios de sol. Sacámoslle unhas fotos a Paulo: levabamos tempo sen facelo. Velaquí os deixo unha delas.

Comentarios

Entradas populares