Escapada a Xixón

Caducaban uns puntos da tarxeta de Sol Meliá, e para non perdelos decidimos coller unha noite de hotel en Xixón, cidade que non coñecíamos, e levarnos a Catuxa connosco. Foron pouco máis de vintecatro horas, pero suficientes para desconectarmos da vida cotiá. Tivemos tempo de todo tipo, pero nun dos ratos soleados dimos unha volta pola praia de San Lorenzo. Velaquí tedes á nena pousando: na praia pero ben abrigada.


Namentres, Pauliño ficaba na casa dos avós de Monte Alto. Cada día é máis feitiño; se lle engadimos os rapidísimos progresos que vai facendo en manexo de obxectos e en expresividade, xa axiña será todo un pracer xogar con el.

Comentarios

Entradas populares