Sen cueiro por accidente

Onte, non sei como, esquecemos poñerlle o cueiro á nena cando a deitamos. Démonos conta esta mañá, cando chamou desde a súa cama. Afortunadamente, como a meirande parte dos días nos últimos meses, todo estaba enxoito.

Así que hoxe, cando a deitamos, ela lembrounos: "Hoxe sen cueiro, ¿eh?, que pola mañá estaba enxoito". Aí está, durmindo libremente, quizais xa para sempre.

Comentarios

Entradas populares