Os agasallos do Día do Pai

Xoves pasado, Día do Pai, en canto despertou, a iso das dez, Catuxa chimpou da cama para baixar ao armario do despacho, onde agachara a véspera coa súa nai os agasallos que trouxera do cole.

Home, eu algo sospeitaba, pero non deixou de ser unha sorpresa o recibir DOUS agasallos. A cara de felicidade de miñoca mentres eu simulaba dificultade para abrir os paquetes e ela axudaba era indescriptíbel.

Velaquí tedes as dúas obras de arte: pintura e escultura.

¡Grazas, pitufa!

Comentarios

Entradas populares