Ocurrencias en voz alta

Este luns Catuxiña e mami estivemos visitando á doutora Eugenia, (a otorrino que leva o incrible caso do mega-crecemento das amigdalas da nena). Como sempre que acudimos, a sala de espera da consulta estaba ateigada de xente, así que Catu entretívose como puido observando todo ao redor.
Nun momento dado reparou nunha foto pendurada na parede, na que unha cativa similar a Catuxa sopraba tres candeas nunha tarta:

-"Mami, esa nena cumpre tres anos, por que sopra tres candeas, como eu. Cando teña catro anos soprarei catro candeas, cando teña cinco anos soprarei cinco candeas, cando teña seis anos soprarei seis candeas......"
-"Si Catu, claro...." - dixen eu.
Pero ela seguia ao seu:
-"Cando teña sete anos soprarei sete candeas".
Que simpática a pequena, pensaban o resto dos pais e nenos que escoitaban o seu discurso.
-"E cando teña oito anos soprarei oito candeas e xa vou ter as tetas grandes como mami".


En que burato me agacho, pensei eu.

Comentarios

Entradas populares