Na perrucaría

Esta fin de semana tocoulle a Pauliño pasar polo perruqueiro. As guedellas xa tiñan un tamaño excesivo así que, aproveitando que o pai pedira cita, levamos ao pequeno a facerlle unha visita a Carlos.

Nada mais entrar no local, como é costume cando chegamos a algún lugar descoñecido con xente descoñecida, Paulo comezou a berrar. Carlos tentou sen éxito acougar os ánimos ofrecendo como recompensa un chupa, pero o neno non entende de trocos e seguiu cos seus choros.

Unha vez sentado na cadeira, a cousa complicouse e os berros complementáronse con movementos bruscos para evitar que as tesouras se achegasen.

O "combate", como o definiu o propio Carlos, foi a cara de can, pero a pesar das dificultades o resultado foi satisfactorio.

Aquí tedes ao protagonista unha vez rematado o traballiño.

Comentarios

Entradas populares