Vacacións

Marchamos: imos estar uns días - moi poucos, a vindeira semana xa viremos de volta - fóra do Valiño.

Paulo é aínda moi cativo e quedará ao coidado dos avós: non lle faltarán atencións. Pero a Catuxa subirá a un avión por primeira vez na súa vida. Gústanlle tanto desde o chan que non sabemos que vai pensar cando despeguemos.

Déixovos unha foto do hotel. Xa vos contaremos á volta, pero seguro que o pasamos de marabilla.

Comentarios

Entradas populares