Negociando

Oito e media do serán. Escaleiras abaixo, despois do baño. O pai e a filla.

- PAI: ¿que queres cear?
- CATUXA: sopita.
- P: Vale, voucha preparar.
- C: Quero tomala na sala, vendo Pinocho, ¿vale?
- P: Non, a sopita hai que tomala na cociña.
- C: ¡Non! ¡¡Quero tomala vendo Pinocho!!
- P: Non pode ser, porque manchamos o sofá. Hai que tomala na cociña.
- C: Vale, pero mentres a preparas eu fico na sala vendo Pinocho, ¿vaale?
- P: Vale.
- C: Entón, eu fico na sala vendo Pinocho mentres ti preparas a sopita; e cando estea lista, chámasme e paramos Pinocho e vou tomar a sopita á cociña; e cando rematemos, volvo á sala a seguir vendo Pinocho, ¿prométesmo?
- P: [aguantando a risa] Prométocho.
- C: [non do todo convencida] ¿De acordo?
- P: De acordo.

Comentarios

Entradas populares